Cronoloxía

Os inicios
En 1945, varios veciños do barrio dos Castros reúnense no agora desaparecido Bodegón, no número 209 da calle General Sanjurjo (agora Avenida de Oza), para formar un equipo de fútbol e competir de maneira federada en A Coruña. De devanditas reunións nace o Club Atlético dos Castros, sendo elexido primeiro presidente o señor Francisco Novo Lapida.En 1948, baixo a presidencia de D. Francisco Cortizas, transfórmase en sociedade coa denominación “CÍRCULO CULTURAL Y DEPORTIVO DE LOS CASTROS”, pasando o equipo de fútbol a ser una sección máis de devandita sociedade.
A seguinte tempada, o equipo acada o subcampionato de segunda división, con conseguinte ascenso de categoría, en dura pugna co Varela Silvari, equipo entonces adestrado polo ex-periodista Vicente Leirachá.Pouco a pouco, o equipo vai perdendo a súa identidade ó sustituirse os xogadores do barrio por outro traídos de fora, desdendendo de novo. En 1954, a Federación Galega de Fútbol, alegando falta de campos na cidade, obliga á disolución de cinco clubes locáis, entre os que se encuontra o noso.Xogadores a destacar nestes primeiros anos serían, entre outros, JULIO OTERO, FIRI, MORADO, VALERIO e FERREÑO.
1956 – 1965
Tra-la disolución de 1954, os novos do barrio que querían seguir xogando ó fútbol, facíano no Suevia, C.F., equipo non federado. En 1956 éste desaparece, polo que un grupo de socios reúnense para recuperar o fútbol federado nos Castros. O 3 de Novembro créase una primeira xunta xestora integrada, entre otros, por D. Gonzalo Rey Precedo coma presidente e D. Jesús Novo Cabanas coma vicepresidente. Solicitan entrar a competir en As Mariñas, polo que alugan o campo de Pedralonga. Os equipos mariñáns rexeitan a proposta, polo que únicamente son readmitidos en A Coruña tra-lo voto a favor unánime dos clubes da capital. Finalmente, entran a competir na Segunda División Local de A Coruña en Xuvenís e Afeccioados.
Datas a lembrar son o 6 de Xaneiro de 1957, cando xogan o séu primeiro partido ante o Sporting Coruñés, o 1 de Maio, cando acadan o seu primeiro punto fronte o Batallador, e a primeira vitoria, colleitada o 26 de Maio ó derrotar ó Vioño por 3 a 1. O clube vai medrando aos poucos, ata conseguir na tempada 1959/60 o campionato de liga da Segunda División, gañando tódolos partidos, e a súa primeira Copa Liceo, tras derrotar ó Santa Margarita por 3 goles a 0. Outro fito importante foi o debut na categoría infantil, na tempada 1963/64.Foron presidentes nesta década Gonzalo Rey, Narciso de la Cal, Luis Durán e José López. Destacaron xogadores coma FIRI, GUIMAREY, MEILÁN e GOLOSO, entre outros.
1966 – 1975
Baixo a presidencia de D. Luis Durán créase unha sección de Hockey, que participa nas modalidades de Herba e Sala nas categorías Afeccioado e Xuvenil, chegando a proclamarse campión de A Coruña no ano 1968. No fútbol particípase en tódalas categorías organizadas pola Delegación de Juventudes (xuvenil, infantil e alevín). En infantís quedan campións de liga na tempada 1966/67 e nos xuvenís acaban subcampións na tempada 1965/66, por detrás do Deportivo de A Coruña, destacando Jesús Medal, fichado polo Deportivo Juvenil ó rematála tempada. Moitos xogadores procende dos campionatos de calles organizados por un novo Mario Novoa entre os anos 1964 e 1968.
En Afeccioados, alcanzan os Cuartos de Final da Copa de A Coruña na tempada 1966/67, gañan o trofeo á deportividade en 1970 tras unha campaña sin sancións, e na tempada 1973/74 son campións de 2ª División e gañan a 2ª Copa Liceo para o Club, tras derrotar ó Deportivo Ciudad por un contundente 5 a 1.Temos que lembrar que en 1974 o Club Atlético dos Castros foi un dos fundadores da Asociación de Veteranos, chegando a proclamarse subcampión de liga, ainda que esta primeira aventura durase máis ben pouco tempo. Foron presidentes nesta época José López, Manuel Frías e José Fafián entre outros.
1976 – 1985
Baixo a dirección técnica de Coché os modestos van incorporando xogadores procedentes dos Xuvenís. Convértese nun equipo ascensor, sumando tres ascensos e outros tantos descensos nestos dez anos. Na tempada 1977/78, tras unha primeira volta desastrosa, logran gañar tódolos partidos da segunda rolda, vencendo ó Silva no derradeiro partido por 5 a 3, anotando tres goles nos últimos 7 minutos. Na tempada 1979/80, adestrados por Miguel Rivas, queda campión de liga na segunda división e alcanza as semifináis da Copa de A Coruña, onde é eliminado polo Órdenes tras unha polémica arbitraxe e con importantes Baixas da anterior eliminatoria.
Nas categorías inferiores destacan o subcampionato de liga xuvenil da tempoda 1975/76, o título de prejuveniles en 1978, tras derrotar ó Deportivo de La Coruña por 1-0, e o campionato de liga e subcampionato de copa dos infantís na tempoda 1980/81.En 1981 dispútase un partido amigable diante da Asociación Atlética Academia Ingeniería Industrial de Sao Paulo.Foron presidentes os señores Francisco Lagares, Jesús Regueiro e José Fafián. Destacaron entre outros xogadores como Juan Lago, “a perla dos Castros” e Javier Fernández “Máquina”.
1986 – 1995
En 1985 foi elexido presidente D. Ricardo Piera, uníndose en 1986 co C. C. y D. de Los Castros nun sistema de “colaboración perpetua”. Por desgracia, esa “colaboración perpetua” termina dous anos despóis con graves problemas. O novo presidente foi José Villamor, sendo sustituido en 1990 por D. Santiago García.Tito Sanguiñedo faise cargo dos equipos xuvenil e afeccioado, iniciando un proceso de rexuvenecemento do primeiro equipo. A boa planificación permite ascender na tempada 1988/89 e que dous anos despois alcáncese un meritorio terceiro posto na primera división. En 1991 os clubes de A Coruña solicitan á Federación a integración no seu plan competicional. Ata es intre, a Segunda e Terceira Autonómicas de A Coruña eran ligas pechadas, sin posibilidade de seguir ascendendo. Tras una folga dos once clubes solicitantes, conséguense as devanditas reivindicacións, ainda que as protestas acabanlle costando o descenso ó noso equipo. En categorías inferiores, Mario Novoa retoma os antigos campionatos de calles, o que fai que sexa unha época produtiva, terminando os xuvenís entre os 4 primeros entre 1986 y 1990.Outroa fitos son o debut na competición de benxamíns F-11, en 1992; o primeiro partido en Herba Sintética, xogado na tempada 1989/90 no campo da Torre Nº 1 ante o Gaiteira, vencendo por 1-0; e o primeiro partido oficial entre dous equipos do club, na tempada 1994/95 cando se enfrontaron os equipos xuvenís do Club Atlético dos Castros e o Mirador, C.F.
1996 – 2006
Na tempada 96/97 acádase o ascenso á Segunda Autonómica, descendendo ó ano seguinte a pesares dun inicio de liga espectacular. O club entra nun proceso de decadencia que leva ós xogadores do equipo de veteranos a involucrarse nun nuevo proxecto. En 1998 baixo a presidencia de Jaime Gómez e J. A. Rilo, inaugúrase o novo local da Avda. del Ejército 19, organizando multitude de actos sociáis coma campionatos, cenas baile, festas infantís e excursións. O problema é que a nivel deportivo, o club sigue sen encontrar o bo camiño.
No ano 2002 faise cargo da presidencia J. Ramón Castro “Carrasco”, que devolve a atención á parcela deportiva, sacrificando o apartado social, que estaba xerando unha situación económicamente deficitaria para o club.

No ano 2004, o Club Atlético dos Castros é un dos fundadores da Asociación de Amigos del Mus de A Coruña, que comenza a organizá-la Liga Interclubes na que se queda campión en 2004 y 2006. No Torneo Cidade da Coruña copan o podio no ano 2005: Jaime-Rilo campións, Manolo-Andrés segundos, e Demetrio-Siso terceiros, ademáis de campións por equipos. No Torneo de Culleredo, o de máis prestixio a nivel local, Jaime e Rilo quedaron campións en 1998, mentres Porvén e Demetrio foron distinguidos co título honorífico de “Maestros de Mus”. No 2005, Jaime-Rilo agrandan a súa lenda gañando o Torneo do Casino de A Coruña.
2006 – 2010
Faise cargo da presidencia José A. Abelleira. Para medrar dende a base, retómase a categoría prebenxamín, aínda que non se consegue reunir equipo en Cadetes. Os infantís ascenden á primeira coma subcampións de Liga. A tempada 2007/08 conséguese formar un equipo xuvenil, gracias á incorporación de sete xogadores africanos procedentes do Centro San José de Calasanz. Os cadetes, coa base dos infantís do ascenso, suben á primeira división, clasificándose para xoga-la fase de Ascenso a Liga Gallega a tempoda seguinte, onde o Betanzos nos desperta bruscamente do soño. Aínda con eso, a tempada 2008/09 pódese catalogar de moi boa gracias a un novo ascenso á primeira dos infantís e a vitoria dos prebenxamíns no IV Torneo Internacional AFAC.
A tempada 09/10 estuvo marcada polo enfrontamento entre AFAC e FUTGAL, que acabou coa retirada dos equipos coruñeses de F-7, organizándose equipos paralelos nunha competición “oficiosa”. Os xogadores do Club Atlético dos Castros xogaron baixo o nome de Mirador, C.F., acadando o prebenxamín terminar 5º na liga e subcampión de Copa.O ano 2010 tamén foi inolvidable para o equipo de Mus, terminando Campións de Liga, Subcampións de Copa e campións da Supercopa. E no plano individual coparon os catro primeiros postos da Clasificación en Liga, sendo no Cidade da Coruña campións Jaime e Emilio, e subcampións Teixe e Máquina.
2010 – 2014
A tempada 2010/11 foi moi boa, co ascenso dos xuvenís, o título de liga do Prebenjamín “A” e o doblete dos cadetes (liga e copa AFAC). Boa antesala para os dous anos seguintes. Na 11/12, os veteranos gañan a liga en 3ª División, os dous xuvenís son subcampións das suas respectivas copas AFAC, e Benxamíns e Prebenxamíns quedan subcampión e campión da Copa Federación Comarcal. Os primeiros, ademáis, gañan o Cidade da Coruña e vencen no seu encontro ligueiro ó R.C. Deportivo por 3 a 2. Ó remate da tempada, Mateo e Matías foron fichados polo equipo branquiazul.A tempada 2012/13 abrese co I Memorial Arturo Varela Canosa de F-8.
Ascenden infantís e afeccioados, o que xunto á permanencia das outras categorías supón que tódolos equipos de F-11 estarán nas 1ª Divisións locáis. Os xuvenís repiten subcampioanto de copa AFAC, ó igual que os Alevíns. Pero os que diron o aturuxo foron os benxamíns, que terminan 3º na Fase Final Norte do Campeonato Galego, despois de ser segundos en liga tra-lo R.C. Deportivo e derrotar a equipos coma o Lugo, Oroso e Cabo de Cruz, entre outros.Na seguinte campaña, a Federación reestructura as competicións, convertindo as primeiras división de F-11 en categorías comarcais, o que provoca o descenso de infantís e cadetes. Únicamente os xuvenís conseguen a permanencia. O Alevín de primeiro ano queda subcampión de copa tra-lo Depor e, por vez primeira, inscríbense nenos de 4 e cinco anos na categorías Biberón.
¡Día a día seguimos escribindo a nosa historia!