Información

Comenzamos o traballo nesta nova tempada, coas mismas restriccións que a rematada meses atrás. Grupos pechados, límite de aforos nos campos, test de antíxenos para os senior e mascarilla para o resto… 

Pero o importante é que aquí estamos novamente, coa ilusión intacta. Con ganas de xogar, adestrar, aprender e, sobre todo, divertirnos. E tamén con ganas de deixar atrás todo o que nos tocou vivir este ano e medio. Regresar a unha normalidade que, por desgracia, dubidamos moito que sexa igual que a que lembramos. Pero agardamos que co avance na vacinación, as restriccións sexan cada vez menores.

Estamos atentos á solicitude de sustituir os test de antíxenos e as mascarillas, polos certificados COVID de vacinación,  solicitude que ten a aprobación da Federación Galega, pero que está a ser estudiada polo SERGAS.

Tentaremos manter informados a tódolos nosos xogadores e afeccionados, tanto actualizando regularmente esta páxina web, coma nas redes sociáis do Club Atlético dos Castros.