En 1948, baixo a presidencia de D. Francisco Cortizas, transfórmase en sociedade coa denominación “CÍRCULO CULTURAL Y DEPORTIVO DE LOS CASTROS”, pasando o equipo de fútbol a ser una sección máis de devandita sociedade. A seguinte tempada, o equipo acada o subcampionato de segunda división, con conseguinte ascenso de categoría, en dura pugna co Varela Silvari, equipo entonces adestrado polo ex-periodista Vicente Leirachá.
Pouco a pouco, o equipo vai perdendo a súa identidade ó sustituirse os xogadores do barrio por outro traídos de fora, desdendendo de novo. En 1954, a Federación Galega de Fútbol, alegando falta de campos na cidade, obliga á disolución de cinco clubes locáis, entre os que se encuontra o noso.
Xogadores a destacar nestes primeiros anos serían, entre outros, JULIO OTERO, FIRI, MORADO, VALERIO e FERREÑO.
Foron presidentes nesta década Gonzalo Rey, Narciso de la Cal, Luis Durán e José López. Destacaron xogadores coma FIRI, GUIMAREY, MEILÁN e GOLOSO, entre outros.
En Afeccioados, alcanzan os Cuartos de Final da Copa de A Coruña na tempada 1966/67, gañan o trofeo á deportividade en 1970 tras unha campaña sin sancións, e na tempada 1973/74 son campións de 2ª División e gañan a 2ª Copa Liceo para o Club, tras derrotar ó Deportivo Ciudad por un contundente 5 a 1.
Temos que lembrar que en 1974 o Club Atlético dos Castros foi un dos fundadores da Asociación de Veteranos, chegando a proclamarse subcampión de liga, ainda que esta primeira aventura durase máis ben pouco tempo. Foron presidentes nesta época José López, Manuel Frías e José Fafián entre outros.
Nas categorías inferiores destacan o subcampionato de liga xuvenil da tempoda 1975/76, o título de prejuveniles en 1978, tras derrotar ó Deportivo de La Coruña por 1-0, e o campionato de liga e subcampionato de copa dos infantís na tempoda 1980/81.
En 1981 dispútase un partido amigable diante da Asociación Atlética Academia Ingeniería Industrial de Sao Paulo.
Foron presidentes os señores Francisco Lagares, Jesús Regueiro e José Fafián. Destacaron entre outros xogadores como Juan Lago, “a perla dos Castros” e Javier Fernández “Máquina”.
Tito Sanguiñedo faise cargo dos equipos xuvenil e afeccioado, iniciando un proceso de rexuvenecemento do primeiro equipo. A boa planificación permite ascender na tempada 1988/89 e que dous anos despois alcáncese un meritorio terceiro posto na primera división. En 1991 os clubes de A Coruña solicitan á Federación a integración no seu plan competicional. Ata es intre, a Segunda e Terceira Autonómicas de A Coruña eran ligas pechadas, sin posibilidade de seguir ascendendo. Tras una folga dos once clubes solicitantes, conséguense as devanditas reivindicacións, ainda que as protestas acabanlle costando o descenso ó noso equipo. En categorías inferiores, Mario Novoa retoma os antigos campionatos de calles, o que fai que sexa unha época produtiva, terminando os xuvenís entre os 4 primeros entre 1986 y 1990.
Outroa fitos son o debut na competición de benxamíns F-11, en 1992; o primeiro partido en Herba Sintética, xogado na tempada 1989/90 no campo da Torre Nº 1 ante o Gaiteira, vencendo por 1-0; e o primeiro partido oficial entre dous equipos do club, na tempada 1994/95 cando se enfrontaron os equipos xuvenís do Club Atlético dos Castros e o Mirador, C.F.
No ano 2004, o Club Atlético dos Castros é un dos fundadores da Asociación de Amigos del Mus de A Coruña, que comenza a organizá-la Liga Interclubes na que se queda campión en 2004 y 2006. No Torneo Cidade da Coruña copan o podio no ano 2005: Jaime-Rilo campións, Manolo-Andrés segundos, e Demetrio-Siso terceiros, ademáis de campións por equipos. No Torneo de Culleredo, o de máis prestixio a nivel local, Jaime e Rilo quedaron campións en 1998, mentres Porvén e Demetrio foron distinguidos co título honorífico de “Maestros de Mus”. No 2005, Jaime-Rilo agrandan a súa lenda gañando o Torneo do Casino de A Coruña.
A tempada 09/10 estuvo marcada polo enfrontamento entre AFAC e FUTGAL, que acabou coa retirada dos equipos coruñeses de F-7, organizándose equipos paralelos nunha competición “oficiosa”. Os xogadores do Club Atlético dos Castros xogaron baixo o nome de Mirador, C.F., acadando o prebenxamín terminar 5º na liga e subcampión de Copa.
O ano 2010 tamén foi inolvidable para o equipo de Mus, terminando Campións de Liga, Subcampións de Copa e campións da Supercopa. E no plano individual coparon os catro primeiros postos da Clasificación en Liga, sendo no Cidade da Coruña campións Jaime e Emilio, e subcampións Teixe e Máquina.
A tempada 2012/13 abrese co I Memorial Arturo Varela Canosa de F-8. Ascenden infantís e afeccioados, o que xunto á permanencia das outras categorías supón que tódolos equipos de F-11 estarán nas 1ª Divisións locáis. Os xuvenís repiten subcampioanto de copa AFAC, ó igual que os Alevíns. Pero os que diron o aturuxo foron os benxamíns, que terminan 3º na Fase Final Norte do Campeonato Galego, despois de ser segundos en liga tra-lo R.C. Deportivo e derrotar a equipos coma o Lugo, Oroso e Cabo de Cruz, entre outros.
Na seguinte campaña, a Federación reestructura as competicións, convertindo as primeiras división de F-11 en categorías comarcais, o que provoca o descenso de infantís e cadetes. Únicamente os xuvenís conseguen a permanencia. O Alevín de primeiro ano queda subcampión de copa tra-lo Depor e, por vez primeira, inscríbense nenos de 4 e cinco anos na categorías Biberón.