Copas Liceo

Para os máis novos, temos que explicar que ata finais dos anos 90, a competición local na Coruña non estaba incluida nas categorías rexionais desa época, senon que formaban un campionato «independente», coa súa primeira e segunda divisións, sen posibilidade de ascender ao que sería a primeira Galicia da actualidade. Ó remate da tempada, disputábase un partido entre os campións de ambas categorías, unha especie de supercopa, chamada
«Copa Liceo». O Club Atlético dos Castros disputou esta competición en tres ocasións (sempre como campión de segunda), proclamándose campión en dúas edicións.
Copa Liceo 1960
Na tempada 1959-60 prodúcese o primeiro grande éxito da historia deste club. Tan só catro anos despois de retornar á competición federada, o Club Atlético dos Castros acadou o ascenso a primeira división brillantemente, despois de gañar tódolos partidos de liga. A Segunda División Local dividiuse ese ano en dous grupos de cinco equipos, resultando os Castros emparellado nun grupo con Marte, Ciudad Jardín, Sin Querer e Batallador. O noso equipo acadou oito vitorias noutros tantos partidos para proclamarse campións de grupo, obtendo o ascenso a primeira división. Para decidir que era o campión de liga, disputaron un partido fronte o Gaiteira, campión do outro grupo, vencendo o Club Atlético dos Castros por 1 gol a 0. Na copa da Coruña foron eliminados polo Orzán, que sería o campión do Torneo. Pero o que nos ocupa e a consecución da Copa Liceo, onde nos enfrontamos ó Santa Margarita. Nun brillante partido, os Castros vencéu por tres goles a cero, marcando CÉSAR en dúas ocasións e NECHE, máximo goleador desa tempada, o outro gol.
Copa Liceo 1974
O primeiro partido da tempada 73/74 disputóuse o 30 de decembro do 1973 en La Granja (o actual campo de Elviña), vencendo ó Sporting Ciudad por 4-2. En toda a tempada sufriron únicamente dúas derrotas, ante o Silva e o Santa Margarita e ambas por idéntico marcador (1-2). O 4 de Xuño do 1974, o equipo proclamouse campión de liga a falta dun partido tras empatar a uns có Silva con gol de Miche. Terminan a liga con 14 victorias, 2 empates e 2 derrotas (30 puntos). Na Copa da Coruña, son eliminados polo Sin Querer tras perder no primeiro partido por 3-1 e vencer no encontró de volta por 3-2, segundo os cronistas da época sendo perxudicados polo Sr. Grobas, xuiz de línea no primeiro partido e árbitro do segundo. O partido da copa Liceo disputóuse en La Granja o día 27 de Xuño do 74, entre os campións de Primeira, o Deportivo Ciudad, e de segunda, o Club Atlético dos Castros, vencendo o noso equipo por un contundente 5 a 1.
O Club Atlético dos Castros formóu na final cos seguintes xogadores: PACUCHO, PABLO, DONA (C.), ARGIZ, PEDREIRA, ROBERTO, FRIAS, JAIME, CHINGOLO, PACO BLANCO E RAMIRO. Saíron como suplentes SERGIO, GUILLERMO e TINO. Ó longo da tempada tamén xogaron DURÁN, JULIO, CAYETANO, EMILIO, MICHE e MIGUEL ÁNGEL.
Copa Liceo 1980
A tempada comenzóu o 27 de xaneiro do 1980, vencendo ó Ciudad Jardín por 2 a 0. Na segunda xornada producíuse a única derrota na liga, ante o C.D. Marte por 2 a 3. A partires de ahí, oito vitorias consecutivas na primeira volta, que sumadas a outras tantas na segunda emparedadas entre dous empates, diron o título de campión de Segunda División Local. Na Copa da Coruña, o Club Atlético dos Castros superóu sucesivamente a Montañeros (3-1/3-2), Suevos (2-4/3-0), Miño (3-0/0-3/2-1), caendo eliminados nas semifináis polo Órdenes, a pesares de vencer na ida por 1-0, caendo no encontro de volta por 1-4, quedando nas portas de disputar a final fronte o Sporting Sada.
Na Copa Liceo agardaba o Campión de Primeira División Local, o Español. E decimos agardaba porque o Club Atlético dos Castros xogóu en 40 días 11 partidos, disputándose o encontro o 17/07, só tres días despóis da eliminación copera. O cansancio acumulado e a decepción previa axudaron a que un bo rival acabase impoñéndose por 2 a 0.
O Club Atlético dos Castros formóu na final cos seguintes xogadores: RABINA, PEPE, NANDO, QUIQUE, VÍCTOR, JAIME, ROBERTO, MÁQUINA, LAGO, RILO E PABLO. Tamén formaron parte do equipo esa tempada CAÍNZOS, FITO, MICHE, HEREDIA, JAVI CRISTALES, ABELLEIRA, ARES, ELOY, EMILIO e PACUCHO.